miércoles, 10 de noviembre de 2010

¡Do íntimo! ¡Adios! Rosalía de Castro

¡Adios!, montes e prados, igrexas e campanas,
¡adios!, Sar e Sarela, cubertos de enramada,
¡adios!, Vidán alegre, moíños e hondanadas,
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas,
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas,
Balvis, para min sempre o das fondas lembranzas,
Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa,
vidas da miña vida, anacos das entraña.
E vós tamén, sombrisas paredes solitarias
que me vicheis chorare soia e desventurada,
¡adios!, sombras queridas, ¡adios!, sombras odiadas,
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.
Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba;
os mesmos montes negros i as mesmas alboradas,
do Sar e do Sarela, mirándose nas auguas.
Os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas
da catredal severa, ollando as lontananzas.
Mais os que agora deixo, tal como a fonte mansa
ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas,
¡canto, cando en tornare, vítimas da mudanza,
terán de présa andado, na senda da desgracia!
I eu... mais eu nada temo no mundo,
¡que a morte me tarda!
De Follas Novas De Rosalía de castro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contame lo que sentís, lo que sientes o lo que piensas...